Xornal Escolar

Bailes para o Día de Amencer

Hai agora 135 anos dende o falecemento de Juan Bosco, fundador da comunidade salesiana, e os colexios e organizacións que o teñen como patrón comemoraron a súa figura con grandes actividades. É o caso da asociación xuvenil Amencer, que cada 31 de xaneiro celebra a Don Bosco con tódolos seus grupos de participantes.

Deste xeito, o colectivo ourensán reuníu ós máis cativos, os rapaces e rapazas dos grupos de Saltimbanquis, Andaina e ADS, todos eles nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade, que durante semanas estiveron preparando a festa. Cada grupo estivo ultimando varios números musicais a partires do esquema de “Talentos”, que presentaron con gran éxito diante dos seus compañeiros. Ademais, tamén foron eles os encargados da presentación e dos decorados da velada.

Xa a media mañá, os máis novos de Amencer celebraron un evento artístico-musical organizado polos propios rapaces destes tres grupos de idade. ADS, Andaina e Saltimbanquis reuníronse no salón de actos do colexio Salesianos, a onde acudiron tamén pais e nais dos protagonistas da festa. Para pechar as celebracións ofreceron un ágape onde todos e todas celebraron ó patrón da comunidade. Coma sempre, o Día de Don Bosco foi motivo de festa en Amencer e, un ano máis, as actividades foron un éxito.

xornalescolar_0802_amencer_01
1 / 10

Un particular Don Bosco estivo cos Saltimbanquis.

xornalescolar_0802_amencer_02
2 / 10

Moi contentos despois das actuacións.

xornalescolar_0802_amencer_03
3 / 10

Noa e Álvaro presentaron o acto.

xornalescolar_0802_amencer_04
4 / 10

Repoñendo forzas despois das actuacións.

xornalescolar_0802_amencer_06
5 / 10

Celebrando a Don Bosco.

xornalescolar_0802_amencer_05
6 / 10

Actuacións para festexar o día do patrón dos Salesianos.

xornalescolar_0802_amencer_07
7 / 10

Os grupos participantes foron tamén os encargados de organizar os pinchos.

xornalescolar_0802_amencer_08
8 / 10

O grupo Andaina, durante a súa actuación.

xornalescolar_0802_amencer_09
9 / 10

Acrobacias do grupo Saltimbanquis.

xornalescolar_0802_amencer_10
10 / 10

Membros do grupo ADS amosaron as súas habilidades coas acrobacias.