Xornal Escolar

Un chifro que é historia do jazz

Luíntra tivo un papel salientado na historia do jazz hai agora 70 anos. De feito, foi o veciño da localidade José María Rodríguez o que fixo soar o chifro que inspirou ó folclorista norteamericano Alan Lomax e que posteriormente se empregou nunha gravación do coñecido músico Miles Davis.

Hai uns días, sete décadas despois dese acontecemento, o chifro de capador de José María volveu soar en Luíntra lembrando aquelas notas que inspiraron o inicio da canción “The pan piper”, publicada dentro do disco “Sketches of Spain” no ano 1960. Foi no colexio, onde os alumnos realizaron unha investigación para divulgar  e poñer en valor esta historia internacional. 

Ata o centro educativo achegáronse veciños, familiares e representantes institucionais para participar no acto de inauguración dos tres murais cos protagonistas desta historia realizados no patio escolar polo artista Antón P. Couto. Ademais, os asistentes tiveron a oportunidade de escoitar a historia e os descubrimentos da investigación contada polo alumnado da escola e coñecer máis detalles desta singular historia co testemuño de Celita, a sobriña de José María. A guinda deste acto foi o chifro do capador, que volveu soar en directo despois de 70 anos. Foi unha xornada moi especial para Luíntra e para a historia do jazz.

xornal0712_luintra_001
1 / 11

Os alumnos explicaron os resultados das súas investigacións.

xornal0712_luintra_002
2 / 11

Os alumnos do colexio realizaron unha investigación sobre os acontecementos que levaron ó chifro do seu veciño a inspirar a un dos músicos máis importantes do jazz.

xornal0712_luintra_003
3 / 11

Os alumnos de Luíntra participaron neste acto con moita ilusión.

xornal0712_luintra_004
4 / 11

Veciños de Luíntra, familiares e autoridades asistiron á homenaxe.

xornal0712_luintra_005
5 / 11

O profesor de Luíntra Ico Rafael Ramos xunto a Celita, sobriña de José María Rodríguez, dono do chifro no que se inspirou Miles Davis.

xornal0712_luintra_006
6 / 11

O chifro de José María Rodríguez volveu soar en Luíntra.

xornal0712_luintra_007
7 / 11

O artista Antón P. Couto é o autor dos murais nos que se rende homenaxe ós protagonistas da historia que uníu a Luíntra cos grandes do jazz.

xornal0712_luintra_008
8 / 11

Galletas comnemorativas da xornada.

xornal0712_luintra_009
9 / 11

Alumnos de Luíntra xunto a Celita na inauguración dos murais.

xornal0712_luintra_010
10 / 11

Alumnos de Luíntra xunto a Celita na inauguración dos murais.

xornal0712_luintra_011
11 / 11

xornal0712_luintra_011