Xornal Escolar

Concienciando sobre seguridade en Verín

No colexio María Inmaculada de Verín tamén se animaron a celebrar a Semana Europea da Mobilidade con tódolos seus alumnos. Mentres os maiores de Educación Secundaria recibían charlas formativas en materia de seguridade vial, alumnos de quinto de Primaria e sexto de Infantil realizaban un circuíto viario no patio do centro. 

O obxectivo destas iniciativas non é outro que concienciar e promover a seguridade viaria e a mobilidade urbana de xeito sostible entre a comunidade educativa do María Inmaculada de Verín, que conta no seu programa formativo coa asignatura de Educación Vial. Dende o colexio queren agradecer a colaboración da agrupación de voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_02
1 / 8

Moi atentos de non pisar as beiras coas bicicletas.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_05
2 / 8

O alumnado do María Inmaculada é experto en Educación Vial.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_06
3 / 8

Moito ollo nos pasos de peóns!

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_07
4 / 8

Algúns alumnos exerceron como monitores.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_08
5 / 8

Os máis pequenos saíron ó patio nas súas bicicletas.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_09
6 / 8

Os patinetes tamén son perfectos para coñecer as normas de tráfico.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_11
7 / 8

O colexio ten un circuíto de eduación viaria no patio.

xornal_escolar_maria_inmaculada_verin_13
8 / 8

Os profesores axudáronlle a percorrer correctamente o circuíto.