Xornal Escolar

Construímos un proxector

xornalescolar_1901_lixoteca_001
1 / 6

Hoxe imos facer un divertido proxector co que poderás pasar tardes enteiras de diversión. Os materiais que precisas son: unha cartolina escura, unha lanterna, uns plásticos transparentes -podes empregar film de cociña-, cinta adhesiva, tesoiras, grampadora e un rotulador.

xornalescolar_1901_lixoteca_002
2 / 6

O primeiro paso será crear a estructura do proxecto. Para iso, terás que cortar un rectángulo de entre 10 e 15 centímetros de ancho. Pensa que canto máis longo sexa o rectángulo, máis grande será tamén a distancia de foco do proxector. É importante que a cartolina sexa escura para non perder ningunha luz.

xornalescolar_1901_lixoteca_003
3 / 6

Cando o teñas, fai un tubo e grampa un dos lados. Esta será a parte máis ancha do proxector, polo que antes de grampar o outro lado, enrosca ata que che quede unha especie de cono. Na parte máis estreita é suficiente con deixar un burato no que entre a lanterna. Cando o teñas, grampa tamén este lado.

xornalescolar_1901_lixoteca_004
4 / 6

Colle agora os plásticos e, sobre eles, marca un círculo coa parte máis ancha do tubo de cartolina. Isto marcarache a área na que poderás debuxar para proxectar sobre unha parede. Para recortar, terás que deixar unha boa marxe para poder pegalo contra a cartolina sen problema.

xornalescolar_1901_lixoteca_005
5 / 6

Cando teñas o círculo co debuxo que máis che gusta, xa só terás que fixalo contra a cartolina. Fai uns pequenos cortes na marxe que deixaches para que sexa máis fácil darlle ó plástico a forma cilíndrica. Se o tes ben fixado, xa podes poñerlle cinta adhesiva ou unha goma para poder cambiar de proxección con facilidade.

xornalescolar_1901_lixoteca_006
6 / 6

Xa case está listo o noso proxector caseiro. Agora só quedará que metas a lanterna polo burato máis estreito e a acendas. Xa verás cómo se ilumina o teu debuxo. Apaga a luz e crea as túas historias animadas sobre unha parede lisa. Podes proxectar todo o que se che ocorra. Xa sabes… Mans á obra!