Xornal Escolar

Descubrindo a riqueza provincial

Cada ano, a Deputación Provincial elixe un tema e, sobre el, organiza a chamada Semana Escolar, que este ano acadou a súa novena edición. “O patrimonio histórico da provincia” é o libro escrito por Xosé Antonio Perozo sobre o que traballaron este ano preto de 7.000 alumnos de 46 centros escolares. 

O obxectivo da iniciativa é achegar ós máis novos á historia e riqueza de Ourense a través de traballos sobre diferentes aspectos. Nesta ocasión con Aurea como protagonista dunha historia na que vai percorrendo a provincia para amosar a súa monumentalidade seguindo unha liña histórica e estilística, deténdose no valor patrimonial dos espazos e a súa importancia cultural. Un percorrido histórico enriquecido con rutas polo patrimonio natural e termal de Ourense. 

Un dos centros que participou na iniciativa foi o Padre Feijóo Zorelle. Alí, alumnos de Educación Primaria e Secundaria estiveron investigando sobre toda a riqueza patrimonial e histórica dos diferentes concellos, realizando exposicións para os seus compañeiros e compartindo os datos máis interesantes que foron acadando. Como resultado final, en sexto tamén elaboraron uns completos murais afondando en características coma o patrimonio termal de toda a provincia. A Semana Escolar da Deputación volveu ser un éxito, tanto de participación como de resultados.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_01
1 / 8

Os alumnos estudiaron igrexas e monumentos.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_09
2 / 8

O obxectivo da Semana Escolar é achegar a riqueza da provincia a tódolos escolares ourensáns.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_08
3 / 8

Algúns analizaron a diferentes personaxes ourensáns.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_07
4 / 8

Tamén fixeron exposicións sobre patrimonio artístico.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_05
5 / 8

Por grupos, foron investigando máis sobre a provincia.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_04
6 / 8

Moi concentrados para non perder detalle.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_03
7 / 8

O primeiro paso foi ler o libro de Xosé Antonio Perozo.

13_xornalescolar_0912_pfeijoo_02
8 / 8

O colexio Padre Feijóo Zorelle foi un dos participantes na Semana Escolar da Deputación sobre patrimonio histórico.