Xornal Escolar

A diversión fala galego no CEIP O Couto

“21 días co galego e +” é un programa promovido pola Consellería de Educación que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega. Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Este ano, na provincia de Ourense, son dous os centros seleccionados: o Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras e O Couto de Ourense. Neles, as comunidades educativas comprométense a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.

A iniciativa, que xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades, enche de actividades o colexio do Couto durante tres semanas, nas que os alumnos xogan e divírtense en galego. As cadeiras con música, un graffiti nun dos muros, o teléfono escacharrado e circuítos de pistas son algunhas das propostas que teñen convertido os recreos en escenario de promoción da lingua. 

xornalescolar_3101_couto_01
1 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_02
2 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_03
3 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_04
4 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_05
5 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_06
6 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_07
7 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_08
8 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_09
9 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_10
10 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_11
11 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_12
12 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_13
13 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.

xornalescolar_3101_couto_14
14 / 14

Actividades de "21 días co galego" no CEIP O Couto.