Xornal Escolar

Diversión sobre xeo co colexio Gómez Franqueira

O Nadal vai petando na porta dos colexios de toda a provincia, que estes días ultiman os números para os festivais cos que despedirán o trimestre. Pero antes, son moitos os centros educativos que teñen unha parada obrigatoria na cidade de Ourense. En concreto, os escolares diríxense ó centro comercial Ponte Vella, onde teñen a oportunidade de converterse en patinadores por un día. 

A tradicional pista de xeo ubicada nas instalacións comerciais á marxe do río Miño é un clásico das axendas escolares nesta época. E sábeno ben no colexio Eulogio Gómez Franqueira, de San Amaro, que tras un curso no que a pandemia impediu a celebración de excursións, colleron o autobús para trasladarse á capital da provincia e pasar un día do máis divertido. 

Sobre o xeo, os maiores encargáronse de dirixir ós máis novos sobre unhas orixinais focas, se ben non faltaron as aterraxes sobre a pista entre moitas risas.

Foi un día moi especial para todos, que xa tiñan moitas ganas de retomar as excursións escolares. Preparados para a ocasión e, a pesar das baixas temperaturas, os cativos de San Amaro logo entraron en calor convertidos en expertos patinadores sobre xeo. Non faltou o paseo polo centro da cidade para ver a decoración de Nadal, coa que non dubidaron en retratarse para a lembranza.

xornalescolar_1512_sanamaro_010
1 / 10

Agardando con impaciencia para entrar á pista de xeo do Ponte Vella.

xornalescolar_1512_sanamaro_009
2 / 10

Os cativos de San Amaro pasárono de marabilla nesta excursión.

xornalescolar_1512_sanamaro_008
3 / 10

Axudándose sobre unha divertida foca.

xornalescolar_1512_sanamaro_007
4 / 10

Os alumnos de San Amaro pasaron un día moi especial e emocionante convertidos en expertos patinadores.

xornalescolar_1512_sanamaro_006
5 / 10

Ademais de patinar, no seu percorrido pola cidade pasaron pola Praza Maior, onde se retrataron xunto á árbore de Nadal. Este foi un dos puntos polos que pasaron durante a súa excursión a Ourense.

xornalescolar_1512_sanamaro_005
6 / 10

Outro dos lugares polos que pasaron foi o poboado instalado nos xardíns do Bispo Cesáreo. Foi unha xornada moi completa e divertida. Agora, de volta, prepáranse para despedir o trimestre por todo o alto.

xornalescolar_1512_sanamaro_004
7 / 10

Tamén visitaron o decorado de Nadal da cidade.

xornalescolar_1512_sanamaro_003
8 / 10

Listos e emocionados por converterse en patinadores.

xornalescolar_1512_sanamaro_002
9 / 10

Tras case dous anos de pandemia, os alumnos de San Amaron realizaron a súa primeira excursión a Ourense para divertirse sobre o xeo. No autobús subiu tamén a emoción a piques de rematar o primeiro trimestre.

xornalescolar_1512_sanamaro_001
10 / 10

Os alumnos pasaron un día moi especial en Ourense.