Xornal Escolar

O Entroido vai chegando

Faltan poucos días para que o Entroido chegue á provincia con toda a súa forza, pero as máscaras tradicionais xa están listas e algunhas xa comezaron o seu percorrido polos colexios ourensáns. É o caso do CEIP O Couto, que recibiu a visita dunha “bonita” de Sande (Cartelle). 

Con tódolos seus elementos decorativos, esta máscara acudiu a ofrecerlles ós alumnos unha charla sobre a historia do traxe e de cada un dos elementos que o compoñen. Os cativos non dubidaron en facerlle preguntas para coñecer máis sobre o Entroido deste núcleo e, para agradecerlle a visita, fixéronlle uns agasallos de recordo. 

Agora, o alumnado ultima os seus disfraces para celebrar a festa máis agardada a vindeira semana.

xornalescolar_1602_couto_06
1 / 6

Os alumnos fixeron unha foto de recordo coa bonita de Sande.

xornalescolar_1602_couto_05
2 / 6

Os máis cativos tamén coñeceron esta máscara.

xornalescolar_1602_couto_04
3 / 6

A máscara de Sande percorreu as aulas do Couto.

xornalescolar_1602_couto_03
4 / 6

A bonita explicoulle a historia do traxe.

xornalescolar_1602_couto_02
5 / 6

Agasallos para agradecer a visita da bonita ó Couto.

xornalescolar_1602_couto_01
6 / 6

Tamén puideron tocar a máscara.