Xornal Escolar

Expertos científicos en Padrenda

Os alumnos do colexio de Padrenda son uns auténticos científicos. Instrumentos meteorolóxicos, xabóns caseiros ou a reciclaxe de papel son algúns dos proxectos que levan desenvolvido no que levamos de curso. Cada mes, mozos e mozas de Primaria e Secundaria póñense mans á obra para sacar adiante diferentes experimentos dentro do seu Club de Ciencias. Por cuarto ano consecutivo, o CPI de Padrenda-Crespos realiza esta actividade, que dende os seus inicios goza dunha moi boa acollida entre o alumnado, tanto de Educación Primaria como de Secundaria. 

O laboratorio do centro educativo é o escenario desta proposta, que ten o obxectivo de achegar os segredos da ciencia dun xeito divertido e complementando a súa formación académica. Alí, durante as horas do recreo do comedor, cada mes desenvólvese unha experiencia distinta. “Abrimos o laboratorio dúas veces por semana (martes e mércores) e cada día tócalle traballar a un grupo distinto”, explican dende o colexio de Padrenda, que este ano escolleu como tema global o desenvolvemento sostible e, por iso, empregaron materiais de refugallo en outubro para fabricar instrumentos meteorolóxicos, aprenderon a elaborar xabón non contaminante en novembro e xa teñen os seus papeis reciclados elaborados en decembro. Ademais, este curo abriron o blog “clubdecienciaspadrenda.blogspot.com” e xa se preparan para facer despegar un pequeno foguete caseiro empregando enerxías limpas.

xornalescolar_1602_padrenda_09
1 / 9

É a cuarta edición deste proxecto científico.

xornalescolar_1602_padrenda_08
2 / 9

O alumnado de Secundaria preparándose para reciclar papel.

xornalescolar_1602_padrenda_07
3 / 9

O Club de Ciencias desenvólvese no recreo do comedor.

xornalescolar_1602_padrenda_06
4 / 9

O club de Ciencias é un éxito entre o alumnado.

xornalescolar_1602_padrenda_05
5 / 9

O proxecto de decembro foi a reciclaxe de papel.

xornalescolar_1602_padrenda_04
6 / 9

Coas potas a punto para facer xabón caseiro.

xornalescolar_1602_padrenda_03
7 / 9

O club de Ciencias é un éxito entre o alumnado.

xornalescolar_1602_padrenda_02
8 / 9

As actividades realízanse no laboratorio do centro.

xornalescolar_1602_padrenda_01
9 / 9

Coas potas a punto para facer xabón caseiro.