Xornal Escolar

Festa de benvida para a primavera no Luis Vives

A chegada da primavera significa moitas cousas para a comunidade educativa. Entre elas, que o segundo trimestre do curso está chegando á súa fin, que chega o bo tempo e poderán compartir máis momentos ó aire libre, que vai deixando de facer frío e xa non fan falta tantas prendas de abrigo… Por iso, no colexio Luis Vives quixeron recibir a chegada desta nova estación cunha gran festa, na que a ledicia pola chegada da primavera se deixou ver nas caras e ilusión de alumnos e profesores. 

Houbo xogos, bailes, cantos, risas e moita diversión nunha tarde na que grandes e pequenos se reuniron para recibir a recta final do curso académico, ó que voltarán con moita forza e moitas ganas despois das vacacións.

xornalescolar0604_luisvives (1)_2
1 / 7

O alumnado de Secundaria amenizou a festa.

xornalescolar0604_luisvives (1)
2 / 7

Ana, Vega e Mireia fermosas como a primavera.

xornalescolar0604_luisvives (2)_2
3 / 7

Manuel é Antón obtiveron premio pola súa vestimenta.

xornalescolar0604_luisvives (2)
4 / 7

A primavera tamén é amor e felicidade como a ledicia de Sofía e Alicia.

xornalescolar0604_luisvives (3)
5 / 7

Alexandra e Ainhara son pura fantasía.

xornalescolar0604_luisvives (3)_2
6 / 7

David e Hugo, algúns dos encargados de poñer orde nos xogos.

xornalescolar0604_luisvives (4)
7 / 7

Xogos, bailes..., unha tarde de festa moi divertida.