Xornal Escolar

A formación fóra da aula no Luis Vives

A formación dos colexios non termina cando o timbre anuncia que rematou a xornada lectiva, senón que se prolonga máis alá das aulas e máis alá dos libros para ofrecerlles ós alumnos e ás familias unha alternativa lúdica e de ocio para complementar o seu día a día na escola. Baixo este premisa, o colexio Luis Vives organiza uns obradoiros extraescolares que están sendo un gran descubrimento tanto para alumnos como para profesores. 

Cociñar un biscoito de castañas ou un chourizo que en realidade sabe a chocolate son algunhas das propostas do obradoiro de cociña, un dos máis solicitados e no que os alumnos máis gozan experimentando e seguindo as instruccións para levar para a casa cada tarde unha receita distinta. 

Ó mesmo tempo, varias alumnas combinan imaxinación e artes manuais para realizar creacións do máis orixinais. As súas iniciais en papel maché, por exemplo, son un dos traballos realizados, mentres tiñan a mirada posta xa en comezar cos adornos de Nadal. Mentres, no patio do colexio, os xogos populares son os que fan as delicias do alumnado. Zancos, a rá, buxaina, billarda… Todas son igual de divertidas e axudan a difundir a cultura popular entre os máis cativos. 

Estas foron algunhas das actividades realizadas nestes primeiros meses duns obradoiros que se prolongarán durante todo o curso e que están sendo un éxito entre as familias, os alumnos e tamén os profesores. 

11_xornalescolar_0112_luisvives_11
1 / 8

A buxaina é un reto para moitos dos alumnos.

11_xornalescolar_0112_luisvives_10
2 / 8

Os xogos populares tamén fomentan o traballo en equipo.

11_xornalescolar_0112_luisvives_09
3 / 8

Poñendo a proba a puntería coa rá.

11_xornalescolar_0112_luisvives_07
4 / 8

En manualidades fixeron a súa inicial en papel maché.

11_xornalescolar_0112_luisvives_06
5 / 8

Un grupo de alumnas prepara diferentes creacións artísticas.

11_xornalescolar_0112_luisvives_05
6 / 8

Explicándolle ás cámaras de Telemiño o proceso para elaborar un biscoito de castañas.

11_xornalescolar_0112_luisvives_04
7 / 8

O colexio Luis Vives iniciou este ano unha serie de obradoiros variados que están sendo un éxito de participación

11_xornalescolar_0112_luisvives_03
8 / 8

No obradoiro de cociña fixeron un biscoito de castañas.