Xornal Escolar

A gran festa escolar da literatura no Irixo

Como cada ano, o Día do Libro converte o colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo nunha gran feira literaria. Alumnos e profesores colaboran neste evento doando os seus libros para vendelos no centro educativo. 

Despois do parón obrigado pola pandemia, o colexio do Irixo retomou o ano pasado esta tradición festiva, moi agardada por toda a comunidade educativa. Nesta ocasión, contaron cunha charla sobre apicultura impartida polo compañeiro e experto en abellas, Isaac Panadeiros, que lles contou tódolos segredos sobre a vida destes insectos e a producción de mel. 

Para completar a xornada, os cativos do colexio e os seus docentes gozaron dunha sesión de contos con sombras chinas que prepararon as alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria. Tamén asistiron á entrega de premios do Talento Cativo, e, por suposto, festexaron a literatura co intercambio de libros e o sorteo que xa é unha gran tradición no centro educativo do Irixo. 

Todo isto para fomentar entre o alumnado o hábito da lectura e converter o Día do Libro nunha festa moi divertida arredor dos seus títulos literarios favoritos. Deste xeito, a Feira do Libro do Irixo volveu encher de letras os corredores e aulas para celebrar unha xornada festiva e de convivencia arredor das historia favoritas dos alumnos.

 

xornalescolar_2604_libro_irixo_01
1 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_02
2 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_03
3 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_04
4 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_05
5 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_06
6 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_07
7 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_08
8 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_09
9 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.

xornalescolar_2604_libro_irixo_10
10 / 10

Feira do Libro no colexio Virxe da Pena da Sela do Irixo.