Xornal Escolar

A horta e as estacións no colexio de Cea

O ciclo dunha horta vai acorde coas estacións. Cada tempo ten os seus froitos e cada tarefa ten os seus prazos. É por iso que este ano no colexio Virxe da Saleta de Cea, o alumnado participa nun proxecto global titulado “A horta e as estacións”. 

Son os alumnos e alumnas de Educación Infantil os encargados de coidar o semilleiro e, con grandes resultados, remataron xa a primeira parte. Colleitaron brócoli, calabacín, cabazos… O seu traballo consistiu en colleitar, observar, investigar e, sobre todo, coidar con moito mimo as sementes para que deran os froitos agardados.

O obxectivo desta iniciativa é ampliar a formación máis alá das paredes da aula, empregando a agricultura tradicional como unha ferramenta coa que os alumnos, ademais de aprender sobre os cultivos, tamén poñen en valor os traballos da terra e os productos naturais, tomando conciencia da importancia das tempadas, a meteoroloxía, as horas de luz e, en xeral, as estacións, na producción de cada froito.

Agora que xa teñen os froitos do outono nas súas mans, a horta seguirá funcionando e preparándose para a primavera, cando os alumnos de Cea recollerán os froitos máis frescos, que degustarán entre todos para seguir aprendendo coa natureza e as tradicións como base. Uns auténticos expertos na agricultura escolar.

xornalescolar_0202_cea_12
1 / 10

Todos participaron na recolleita.

xornalescolar_0202_cea_11
2 / 10

Moi contentos coa recolleita.

xornalescolar_0202_cea_09
3 / 10

Brócolis ou cabazos foron algúns dos productos recollidos.

xornalescolar_0202_cea_08
4 / 10

Os alumnos de Infantil participan no proxecto “A horta e as estacións”.

xornalescolar_0202_cea_07
5 / 10

Todos participaron na recolleita.

xornalescolar_0202_cea_06
6 / 10

Na primeira parte sementaron froitos de outono.

xornalescolar_0202_cea_04
7 / 10

Moi contentos coa recolleita.

xornalescolar_0202_cea_03
8 / 10

Primeiro analizaron as sementes.

xornalescolar_0202_cea_02
9 / 10

Brócolis ou cabazos foron algúns dos productos recollidos.

xornalescolar_0202_cea_01
10 / 10

Brócolis ou cabazos foron algúns dos productos recollidos.