Xornal Escolar

No IES Otero Pedrayo aprenden a evitar os perigos ó volante

Concienciar ós alumnos dos últimos ciclos formativos sobre os perigos de combinar alcol e drogas co volante é o obxectivo do obradoiro de seguridade viaria organizado pola Concellería de Educación e que nos últimos días visitou o IES Otero Pedrayo. Alí, técnicos da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense impartiron diferentes actividades para amosarlles ós mozos e mozas os riscos do consumo destas sustancias, non só na condución de vehículos senón tamén sobre os seus efectos nas condutas peonís, e como condutores de bicicleta ou ciclomotor.

A proposta constou dunha parte formativa máis teórica na que recibiron unha charla sobre as diferentes drogas e o efecto que causan nos reflexos e na vista. Uns efectos que tamén tiveron ocasión de comprabar de primeira man gracias a unhas gafas de simulación dos efectos do alcol e das drogas coas que tiveron que superar diferentes probas, entre elas percorrer un pequeno circuíto. Tamén se someteron ós resultados dos etilómetros e drogotests.

Todo isto da man dos técnicos da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense e de axentes da Garda Civil da Agrupación de Tráfico de Ourense, que lles explicaron punto por punto por que o alcol e as drogas non son un xogo cando se trata de poñerse ó volante, non só para protexer a propia vida, senón tamén a dos demais.

xornal_escolar2401_vial_15
1 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_01
2 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_02
3 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_03
4 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_04
5 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_05
6 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_06
7 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_07
8 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_09
9 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_08
10 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_10
11 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_11
12 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_12
13 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_13
14 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.

xornal_escolar2401_vial_14
15 / 15

Xornada de mobilidade segura no IES Otero Pedrayo.