Xornal Escolar

Lembrando a Concepción Arenal no seu día

Con motivo da conmemoración do aniversario do pasamento de Concepción Arenal, o alumnado do colexio ourensán que leva o seu nome celebrou unha xornada de lembranza de toda a traxectoria vital da escritora e activista. Deporte, cultura e homenaxes centraron a xornada, na uqe o alumnado de Infantil e Educación Primaria -ata cuarto curso- realizou actividades dentro do colexio, como películas, xogos ou manualidades creativas.

En quinto e sexto pasaron o día na zona de Monterrei, onde se celebrou a sexta edición do torneo Concepción Arenal e puideron practicar deportes moi variados. Mentres, os de cuarto de ESO trasladábanse ata a rotonda da cidade de Ourense que leva o nome dela para unha ofrenda floral.

xornalescolar_1602_carenal_05
1 / 5

O alumnado de cuarto de ESO fixo unha ofrenda floral no monumento do centro de Ourense.

xornalescolar_1602_carenal_03
2 / 5

Tamén celebraron o torneo Concepción Arenal.

xornalescolar_1602_carenal_02
3 / 5

En Monterrei practicaron diferentes deportes.

xornalescolar_1602_carenal_06
4 / 5

Os máis novos fixeron debuxos.

xornalescolar_1602_carenal_07
5 / 5

En Primaria fixeron un mural sobre a vida e obra da autora.