Xornal Escolar
Os Maios nos colexios ourensáns
Xa o cantou Curros Enríquez. “Aquí vén o maio / de frores cuberto... / puxéronse á porta / cantándome os nenos". Porque un ano máis, o mes máis primaveral de todos chegou acompañado de bo tempo e os máis pequenos da provincia volveron ser os grandes protagonistas da festa dos Maios.
Esta celebración, de exaltación da natureza e de darlle a benvida á mellor época para as colleitas, xa a festexaban os poboados castrexos de Galicia. Milleiros de anos despois, os escolares ourensáns continúan mantendo viva a tradición coas súas imponentes estructuras nas que non faltan fentos, mimosas ou carrabouxos e unhas pícaras coplas que cantan facendo balance de como transcorre o curso nos seus colexios.
Os centros educativos da provincia uníronse a esta celebración con grandes creacións artísticas e moita diversión.