Xornal Escolar

A mobilidade sostible infantil no Luis Vives

Dentro do plan “Mobilidade sostible e segura”, o colexio Luis Vives celebrou a súa “Semana sostible”, que encheu o patio do centro educativo de actividades relacionadas coa seguridade vial e os medios de transporte non contaminantes. 

Foron os alumnos de Educación Infantil os protagonistas desta proposta, que tiña como obxectivo que, xa dende idades moi temperás, os máis novos vaian tomando conciencia da necesidade de conservar o medio ambiente, formándose en todo o relacionado coa mobilidade sostible e o mesmo tempo coñecer al normas de circulación. Do mesmo xeito, a actividade tamén favorece a súa autonomía e desenrolo psicomotriz e potencia o fomento de hábitos saudables facendo exercicio físico ó aire libre.

xornalescolar_2505_luis_vives_01
1 / 6

Ademais, tamén lles valeu para practicar exercicio físico.

xornalescolar_2505_luis_vives_02
2 / 6

O obxectivo é concienciar sobre a reducción da contaminación na mobilidade.

xornalescolar_2505_luis_vives_03
3 / 6

A semana da mobilidade sostible enmárcase nun dos Plans Proxecta deste curso.

xornalescolar_2505_luis_vives_04
4 / 6

As bicicletas foron algunhas das protagonistas na semana do Luis Vives.

xornalescolar_2505_luis_vives_05
5 / 6

O patio do colexio foi o escenario da actividade.

xornalescolar_2505_luis_vives_06
6 / 6

Na proposta participaron os alumnos de Educación Infantil.