Xornal Escolar

Novos e expertos na vía das estrelas no Carlos Casares

Dentro do proxecto global que este ano están desenvolvendo arredor do Camiño de Santiago e que hai unhas semanas os trouxo peregrinando ata Ourense, os alumnos do colexio Carlos Casares de Xinzo de Limia recibiron estes días a visita de varios autores para afondar no seu coñecemento da vía ata Compostela. 

Xabier Domínguez, autore de “Naturizo e o camiño das estrelas” foi un deles e contoulles a historia desta vía de peregrinación, que segue a estela da Vía Láctea. 

Outra das xornadas estivo adicada á Vía da Prata ó seu paso por Allariz, un tema do que se encargaron de falarlles os historiadores Antonio Blanco e Juan Seara, acompañados duns animados personaxes que lles axudaron ós cativos a entender que significa este camiño. Xa por último, o escritor e profesor Cándido Paniagua acudiu ó centro educativo para falar sobre a mitoloxía galega e a súa relación co Camiño de Santiago.

xornalescolar_1512_xinzo_005
1 / 5

Moi contentos coa visita de Antonio Blanco e Juan Seara.

xornalescolar_1512_xinzo_004
2 / 5

Xabier Domínguez contoulle a historia de Naturizo e o camiño das estrelas.

xornalescolar_1512_xinzo_003
3 / 5

O profesor Cándido Paniagua faloulle das lendas e mitos de Galicia.

xornalescolar_1512_xinzo_002
4 / 5

Os cativos aprenderon moito sobre a Vía da Prata.

xornalescolar_1512_xinzo_001
5 / 5

Os alumnos aprenderon sobre a Vía da Prata con estes personaxes tan animados.