Xornal Escolar

Prismáticos para explorar o mundo

Hoxe imos fabricar uns prismáticos cos que poderás saír ás túas aventuras.

xornal3011_lixoteca_001
1 / 6

Para facelos tan só necesitas: dous roliños de papel hixiénico, pintura de cores de camuflaxe, unha esponxiña, un pincel, tesoiras, unha troqueladora, unha grampadora e un cordel.

xornal3011_lixoteca_002
2 / 6

O primeiro paso que faremos será pintar os roliños. Pero antes de comezar, coloca un pouco de papel de cociña onde esteas traballando para non manchar. Pinta a base de verde cun pincel, cando seque, dalle toquiños cunha esponxa con marrón e amarelo.

xornal3011_lixoteca_003
3 / 6

Asegúrate que a pintura está ben seca antes de seguir. Se xa non mancha, colle os dous roliños colócaos de pé e úneos poñéndolle unha grampa a cada lado. Asegúrate de que quedan ben suxeitos para que non se che desmonten cando saias ás túas exploracións.

xornal3011_lixoteca_004
4 / 6

Imos agora darlle un pequeno toque decorativo. Colle un pouco de cinta da cor que máis che guste. Nós imos poñela negra porque queremos camuflarnos ben na selva. Coloca un anaco que cubra arredor dos prismáticos en cada un dos lados.

xornal3011_lixoteca_005
5 / 6

Coa troqueladora terás que facer uns buratiños nun dos lados dos prismáticos para poñer un cordel e poder levalos ó pescozo. Mete o cordel de xeito que quede o nó por dentro dos prismáticos aprentando ben forte.

xornal3011_lixoteca_006
6 / 6

Agora si, os teus prismáticos xa están listos para tódalas túas aventuras. Non esquezas levalos sempre contigo porque nunca se sabe onde pode aparecer algo que che interese mirar. Son moi sinxelos de facer e moi divertidos, así que xa sabes… Mans á obra!