Xornal Escolar

Tardes para a lembranza en Amencer

Un ano máis -e xa suma unha década- o Tempo de Troula de Amencer ofrécelle ás familias de Ourense unha alternativa lúdica e divertida para as tardes de setembro, un tempo no que aínda non comezaron as actividades extraescolares e nalgunhas casas aparece o problema da conciliación.

Este ano son moitos os cativos que cada tarde acoden ó local da asociación xuvenil nunha edición do programa no que a protagonista é a normalidade, que voltou ás aulas co comezo do curso e tamén permite desenvolver con maior facilidade esta proposta -que durante dous anos tivo que adaptarse ás restriccións pola pandemia-. Agora, coas caras descubertas comparten momentos para a lembranza con total liberdade.

Xogos cooperativos, obradoiros didácticos e, sobre todo, moita diversión e convivencia enchen cada día o recinto, ubicado dentro do colexio Salesianos. Dende a organización explican que os obxectivos  de Tempo de Troula son “educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos máis novos e favorecer tamén a participación e o traballo en equipo”, así como facilitar a conciliación de vida familiar e laboral. 

Mentres Amencer prepara o seu programa de actividades para desenvolver durante todo o curso, os monitores reciben cada tarde a ducias de cativos de Educación Infantil e Primaria con moitas ganas de gozar.

xornalescolar_2109_amencer_01
1 / 10

A fin das restriccións permítelles xogar a todos xuntos.

xornalescolar_2109_amencer_02
2 / 10

Os pequenos de Educación Infantil superaron un circuíto de obstáculos.

xornalescolar_2109_amencer_03
3 / 10

A particular xincana dos máis pequenos puxo a proba a súa psicomotricidade e a súa axilidade mentres compartían momentos de risas e moita ledicia.

xornalescolar_2109_amencer_04
4 / 10

Todos quixeron mandarlle un saúdo ós seus coñecidos.

xornalescolar_2109_amencer_05
5 / 10

Esta décima edición do Tempo de Troula serve de inauguración para o amplo programa de actividades que Amencer ten previsto para este curso.

xornalescolar_2109_amencer_06
6 / 10

As cámaras de Telemiño acudiron para coñecer as impresións dos participantes.

xornalescolar_2109_amencer_07
7 / 10

Os cativos, moi emocionados, convertéronse en reporteiros por un día para compartir as súas experiencias no Tempo de Troula.

xornalescolar_2109_amencer_10
8 / 10

Tras preparar a pizza, estaban desexando metela no forno para merendar.

xornalescolar_2109_amencer_08
9 / 10

Un dos días fixeron unha pizza dentro do obradoiro de cociña.

xornalescolar_2109_amencer_09
10 / 10

Un dos días fixeron unha pizza dentro do obradoiro de cociña.