Xornal Escolar

Traspasando as paredes das aulas

As aulas dos colexios ourensáns traspasan as paredes dos centros  para ampliar a formación dos máis novos. Como é o corpo humano por dentro? Que hai nunha célula dunha cebola? Como se fan os postres de Samaín? A estas e outras preguntas déronlle resposta os alumnos ourensáns nas súas actividades.

xornal1310_redes_001
1 / 7

O Barco. No colexio Otero Pedrayo aprenderon sobre células vexetais e animais a través do telescopio mirando moi de preto diferentes típos de restos como cebola, saliva ou iogurt.

xornal1310_redes_002
2 / 7

Concepción Arenal. Hai uns días celebrouse o Día do Docente e tódolos departamentos de profesores participaron nun mural para amosar o seu orgullo por exercer “a profesión máis bonita do mundo”.

xornal1310_redes_003
3 / 7

Carmelitas. O alumnado de cinco anos coñeceu o laboratorio de Ciencias para seguir traballando na unidade temática do corpo humano. Alí descubriron como somos as persoas por dentro xunto ó seu novo amigo, “Don Esqueleto”.

xornal1310_redes_004
4 / 7

Cualedro. A lectura é unha das asignaturas máis importantes para os escolares de toda a provincia. Por iso, os máis pequenos do colexio Vicente Risco teñen o seu espazo de “Lectores Miúdos”.

xornal1310_redes_005
5 / 7

Josefinas. Para festexar o Día Mundial da Sonrisa, os pequenos de Educación Infantil gozaron dunha xornada con xogos populares, ioga, merenda ó aire libre e unha visita ás Burgas.

xornal1310_redes_006
6 / 7

Miraflores. Os alumnso de cuarto de Educación Infantil encheron de estrelas o ceo do Miraflores colaborando na pintura dun mural moi resplandecente do que están moi orgullosos e que xa pode ver toda a comunidade educativa.

xornal1310_redes_007
7 / 7

San Amaro. Iago, antigo alumno do colexio Eulogio Gómez Franqueira e hoxe estudante de Repostería, visitou as aulas para facer un “showcooking” con receitas de Samaín. A actividade foi un éxito entre os alumnos, que están desexando probar as receitas.