Xornal Escolar

Versos escolares no Carballiño

Máis de 300 rapaces dos centros IES Nº1 do Carballiño, IES Chamoso Lamas, Colexio Vila do Arenteiro, Colexio Sagrado Corazón, CEIP Calvo Sotelo, CEIP de San Amaro e CEIP do Irixo celebraron na Insua dos Poetas os actos do Día mundial da Poesía e a Árbore, organizados pola Fundación Insua dos Poetas co patrocinio da Deputación e Xunta e a colaboración do Concello do Carballiño e os centros implicados.

Despois das declaracións institucionais, os escolares tomaron o protagonismo para recitar, cantar e interpretar diversos poemas dos autores homenaxeados -Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros Enríquez e Eduardo Pondal-, figuras centrais da poesía galega inmortalizadas en catro murais elaborados polos artistas Yoseba MP, Raquel Germade, Novenoel e Delio RC.

Estas obras foron descubertas polo alumnado na Galería da Literatura Galega, un espazo da Insua dos Poetas que xa conta con imaxes artísticas de figuras como Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. Finalmente, o alumnado plantou diversas árbores autóctonas e recibiu como agasallo varios lotes de libros en lingua galega.

O Día da Poesía é unha data importante dentro do calendario escolar galego e, no caso de Ourense, ten neste espazo cultural da comarca do Carballiño un referente para a súa celebración anual.

xornalescolar_2903_poesia_01
1 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_02
2 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_03
3 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_04
4 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_06
5 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_05
6 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_07
7 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_09
8 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_10
9 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_12
10 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_08
11 / 12

Día da Poesía na Insua dos Poetas coa participación de colexios da comarca do Carballiño.

xornalescolar_2903_poesia_11
12 / 12