Xornal Escolar

Por unha vida sen fume en Amencer

A Feira sen Fume de Amencer congretou a unha chea de rapaces e rapazas para participar nunhas actividades de vida saudable e transmisión de valores. Dirixida a cativada de 6 a 14 anos de idade, e os grupos de Saltimbanquis, Andaina e ADS, os obxectivos da proposta eran descubrirlles dende os xogos de sempre unha perspectiva nova da saúde, aprender xogando, sensibilizar os nenos e nenas a vivir unha vida sen tabaco, promocionar hábitos de vida saudables e dar a coñecer o Día Mundial sen Tabaco.

Para conseguir estas metas, os monitores prepararon propostas como unha oca xigante na que o taboleiro foron todos os campos e xardíns de Salesianos, un xogo en clave educativa que trata de combater o hábito de fumar e promover unha vida sa entre as novas xeracións. 

Neste gran xogo, repartiron 63 carteis con números e outros símbolos tirados do xogo tradicional da oca pero adaptados a unha vida sen tabaco. A dinámica consistiu en pequenos grupos tirar un dado e buscar a casa do taboleiro correspondente ao longo dos campos de Salesianos. Para finalizar, os participantes escribiron as súas reflexións do xogo nun debuxo dun cigarro que colocaron nunha cortiza dos pórticos.

xornalescolar_1406_amencer_01
1 / 17

Unha nai recolle información contra o tabaquismo.

xornalescolar_1406_amencer_02
2 / 17

Tirando os dados.

xornalescolar_1406_amencer_03
3 / 17

Tirando os dados.

xornalescolar_1406_amencer_05
4 / 17

Reflexionando sobre os efectos nocivos do tabaquismo.

xornalescolar_1406_amencer_04
5 / 17

Tirando os dados.

xornalescolar_1406_amencer_07
6 / 17

Proba nunha das casillas.

xornalescolar_1406_amencer_06
7 / 17

Realizada a proba correndo a mesa central.

xornalescolar_1406_amencer_08
8 / 17

Rompendo o símbolo do tabaquismo.

xornalescolar_1406_amencer_09
9 / 17

Tirando os dados.

xornalescolar_1406_amencer_10
10 / 17

Na mesa central vendo a que casilla hai que ir.

xornalescolar_1406_amencer_11
11 / 17

Na oca central da mesa de xogo.

xornalescolar_1406_amencer_12
12 / 17

Grupo Vermello.

xornalescolar_1406_amencer_13
13 / 17

Grupo Amarelo.

xornalescolar_1406_amencer_16
14 / 17

Grupo Azul.

xornalescolar_1406_amencer_15
15 / 17

Grupo Verde.

xornalescolar_1406_amencer_14
16 / 17

Explicando a casilla a onde hai que ir.

xornalescolar_1406_amencer_17
17 / 17

Explicando o xogo da oca xigante.