XINZO DE LIMIA

Adegal reclama que A Limia sexa ‘zona agraria prioritaria'

A asociación reclama a unidade de productores agrícolas, gandeiros e as empresas para conseguilo

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) reclama a unión dos productores agrícolas, gandeiros e empresariais da comarca, co fin de afrontar "numerosos retos que dean impulso e viabilidade ó sector". O primeiro reto que se fixa a asociación é conseguir que A Limia "sexa declarada como Zona de Actuación Agraria Prioritaria, ofrecendo un blindaxe ó sector agrario e gandeiro e un marco legal no que ampararse".

Adegal pon tamén de manifesto que a comarca sufre una importante carencia de infraestructuras, "sendo de necesidade básica e vital a dispobilidade e máis terra con auga, polo que as infraestructucturas dos regadíos pendentes deben levarse a cabo na mayor brevidade posible".

A Asociación tamén considera fundamental a mellora de pistas, o acondiconamento de canles e cortaventos.

Outro dos retos que marca Adega é conseguir "a conciliación da actividade agraria co medio ambiente", no que conflúe o reto da aplicación do plan director da rede Natura 2000 e o aberto co peche do Centro Tecnolóxico Ambiental de Sarreaus, que prestaba un servizo esencial na reciclase dos residuos das explotacións da zona.

Por último, Adegal reclama medidas para paliar a crise que está a atravesar o sector da pataca polos baixos prezos que se están impoñendo nos mercados.

Te puede interesar