Sandiás acomete a mellora dos seus vieiros municipais

Intervención do bacheo na aldea de A Corga, no concello de Sandiás.
photo_camera Intervención do bacheo na aldea de A Corga, no concello de Sandiás.

As obras en Sandiás desenvolvéronse en dúas fases cun orzamento de 60.000 euros

O acondicionamento e mellora de camiños municipais de Sandiás desenvolveuse en dúas fases cun presuposto de 60.000 euros. A obra está subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) cun importe de 49.666 euros e o IVE por parte do concello de Sandiás cunha aportación de 10.429,86 euros.

A primeira fase das obras correspondeu á aldea de Piñeira de Arcos e Zadagós, e a segunda fase das obras desenvolveuse en A Corga e Vilariño das Poldras. En relación coa intervención en A Corga, as obras leváronse a cabo no tramo da aldea con bacheo, limpeza firme,  limpeza de cunetas, dobre rega asfáltica, pavimento de formigón e recalce de tapas de rexistro. Tamén se executaron intervencións no tramo da pista con bacheo, limpeza de firme, desbroce de vexetación, cunetas e dobre regra asfáltica. No caso da vía que discorre polo núcleo rural de Vilariño das Poldras, as actuacións consisten en limpeza mecánica do firme, dobre regra asfáltica e recalce de tapas de rexistro.

Neste senso, Concello de Sandiás salientou a súa disposición para “dotar aos núcleos do municipio dun equipamento mínimo de infraestruturas, logrando o aumento da calidade de vida e a mellora posible das condicións medioambientais dos devanditos núcleos rurais”.

Te puede interesar