A Agrupación Musical da Limia festexa o Aninovo

Agrupación Musical da Limia.
photo_camera Agrupación Musical da Limia.
Xinzo de Limia celebrou o seu tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Agrupación Musical da Limia, na Igrexa de Santa Mariña

Xinzo de Limia viviu un gran ambiente na Igrexa de Santa Mariña, con moita música, onde soaron temas moi coñecidos para o gran público como a de A Bela e a Bestia,  clásicos como Louis Armstrong e a súa famosa canción “What a wonderfull world” e tampouco faltaron as panxoliñas.

Xinzo continúa as súas actividades navideñas, onte coas acrobacias de Tom e Son de Nadal, e hoxe coas acrobacias e circo con CircoActiva.

A exposición “Abrandares: símbolo do rural da Escola Rural de Saúde dá Limia”, na Casa da Cultura, continúa aberta, igual que Limialandia, no Pavillón de Deportes. Mañá, para rematar as festas navideñas, haberá a tradicional visita dos Reis Magos.

Te puede interesar