A agrupación Xinzo Adiante propón baixar as dietas dos edís

Sinala Xinzo Adiante que o concello presupostou en 2014 unha partida de 100.000 euros para pagar as dietas dos concelleiros por asistir aos plenos, comisións e grupo de goberno, o que lle parece "un gasto esaxerado

O grupo de Xinzo Adiante rexistrou no Concello de Xinzo unha moción na que prantexa reducir as dietas que perciben os concelleiros e racionalizar o funcionamento dos plenos, das comisións informativas e das xuntas de goberno, "que supón un aforro considerable".

Sinala Xinzo Adiante que o concello presupuestou en 2014 unha partida de 100.000 euros para pagar as dietas dos concelleiros por asistir aos plenos, comisións e grupo de goberno, o que lle parece "un gasto esaxerado e por iso, "propoñemos traballar mais e cobrar menos".

Entre outras medidas propón: rabaixar a 100 euros por asistencia a pleno, comisión informativa e xunta de goberno a cantidade que cada concelleiro cobra; realizar plenos mensuais e non cada dous meses, para evitar ter que convocar plenos extraordinarios, e no caso de convocar plenos extraordinarios, só se poderá cobrar por un máximo de tres sesións ao ano.

Asimesmo, propón que só se perciba retribución por un máximo de doce comisións informativas ao ano e, no caso dos membros da xunta de gobierno, ata un máximo de 52 reunións ao ano, asi como imitar a 5 o número de membros da Xunta de Goberno, incluido o alcalde e no caso das comisións informativas, que estean formadas por un representante de cada grupo máis o alcalde, con voto proporcional á representatividade de cada grupo.

Te puede interesar