PLENO DEL CONCELLO

O alcalde decide levar ao pleno de Sandiás unha cuestión de confianza

Pleno Sandias_result
photo_camera Pleno da corporación municipal de Sandiás que rexeitou os orzamentos elaborados para o ano 2017.

Estará condicionada á aprobación dos orzamentos municipais para 2017

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso García, someterase a unha cuestión de confianza ante o pleno da Corporación Municipal, condicionada a mesma á aprobacion dos orzamentos municipais para o ano 2017. Felipe Traveso fixo pública onte esta decisión, xustificando a mesma no feito de que "temos que ter un presuposto para levar adiante o concello. Non podemos estar sempre cos presupostos do anos 2015, xa que todos os veciños temos o dereito a ter un concello áxil", afirmar o rexedor. Recorda Traveso que o concello está a funcionar dos orzamentos prorrogados do ano 2015, cando aqueles ascendía a 750.000 euros.

De cara a 2017 o goberno municipal elaborou uns orzamentos que ascendían a 920.000 euros, pero que foron rexeitados polo pleno da Corporación municipal, o que, de non variar a situación, obrigaría a prorrogar de novo as contas de 2015. Traveso rexeita esta posibilidade e afirma que "non podemos estar con un presuposto menor do que realmente podemos ter por capricho dos partidos da oposición".

Tramitada a cuestión de confianza, que se debatirá en pleno o día 10 de marzo, ábrense tres posibilidades: que se outorgue a confianza ó alcalde, co que se aprobarían tamén as contas; que non se outorgue a confianza, co que se abrirá o prazo de un mes para que a oposición presente unha moción de censura, propoñendo un novo alcalde; e a terceira, que a oposición non presente moción de censura, co que Traveso continuará na alcaldía e aprobaranse os orzamentos de 2017.

Felipe Traveso goberna Sandiás con outros dous concelleiros da Agrupación Agrelsan e a oposición confórmana tres concelleiros do PP, dous do PSOE e un independente, escindido de Agrelsán.

Te puede interesar