INCENDIOS

Amigos da Terra revisará os danos da vaga de lumes na serra de San Mamede

<p></p>
photo_camera As barreiras e filtros de contención.

Na visita tamén se comprobará a eficacia das barreiras e filtros vexetais feitos polos colectivos

O colectivo Amigos da Terra en colaboración con Amigos das Árbores da Limia visitará hoxe, ás 10,30 horas, o estado do Bidueiral da Serra de San Mamede así como a zona do nacemento do río Arnoia, que resultaron afectados polos graves incendios que asolaron Galicia durante o pasado mes de outubro. A asociación realizou durante estes meses traballos de contención das cinsas que quedaron neste lugar despois da vaga de lumes, para evitar arrastres unha vez chegadas as choivas.

Xosé Santos, portavoz da plataforma, critica que non se fixera ningún traballo na Serra de San Mamede por parte por parte da Consellería de Medio Rural a parte dos levados a cabo por este colectivos en varias ocasións. "Dende a administración autonómica e a Confederación Hidrográfica Miño Sil aseguraron que se estaba traballando en todos os montes de Galicia, e esto non é certo, polo menos no que atinxe á Serra de San Mamede", manifestó Santos. "A de hoxe será unha excursión aberta a todas as persoas que queiran vir, o bidueiral da Serra de San Mamede está catalogado como Reserva Hidrolóxica e ardeu boa parte do mesmo", engadiu.

Na visita tamén se comprobará a eficacia das barreiras e filtros vexetais feitos polos colectivos. 

Te puede interesar