Ana Peláez, da ONU, dará unha charla en Xinzo

undefined
photo_camera Ana Peláez, nunha conferencia, á dereita da imaxe.

Ana Peláez, presidenta do Comité da ONU para a Eliminación da Discriminación contra a Muller, ofrecerá esta sábado unha conferencia na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. A cita, que arrancará ás 19,00 horas da tarde na Casa da Cultura de Xinzo, está enmarcada na programación do 8M elaborada polo Concello. 

Precisamente, dende o Consistorio animan a toda a cidadanía limiá a participar no acto e a escoitar a unha muller que ocupa un cargo de “relevante responsabilidade internacional”. Xinzo continúa coa súa programación do mes da muller mediante a difusión da campaña multimedia “As donas de Xinzo. Mulleres que escriben historia”, protagonizada por Esmeralda Marra, Esperanza Pérez, Fátima Ben Aicha, María del Carmen Casal, Milagros Moure e Pepita Fernández. 

Por outro lado, o 14 de marzo presentarase o Plan de Igualdade, e o 25 de marzo, para pechar o mes dedicado á muller, organizouse unha homenaxe á matrona Genoveva Vázquez Calviño e o descubrimento dunha placa.

Te puede interesar