Manuel Gómez toma o mando da IXP da Pataca

O pleno do Consello Regulador quedou conformado por 10 vogais 

José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, presidiu onte en Xinzo de Limia a constitución do novo pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 10 de novembro.

O pleno escolleu a José Manuel Gómez como presidente da IXP, quen substituirá a Guillermo Budiño, o que xa declinaba volver a presentarse a este cargo. O xa expresidente do Consello Regulador, con sede en Xinzo, estivo durante máis de catro décadas somerxido no sector pataqueiro.

10 vogais

Así, o pleno quedou conformado por 10 vogalías: cinco para a Candidatura Independente de Envasadores de Patacas de Galicia, dous para Unións Agrarias e tres repartidas entre a Asociación Agraria de Galicia, o Sindicato Labrego Galego e a Federación Rural Galega. 

No que respecta á vicepresidencia do sector produtor será o agricultor e edil do Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz, o que tomará o mando,  mentres que a vicepresidencia do sector industrial será asumida por Diego Conde , da empresa local Patacas Conde S.L.

A Consellería de Medio Rural recorda que esta foi unha das entidades que non chegou a eleccións o pasado 19 de febreiro. Os integrantes da IXP chegaron a un acordo para o reparto das vogalías

Te puede interesar