Aposta pola innovación dende Vilar de Santos

221221 Vilar de Santos 3 (1)
photo_camera Gabriel Alén, á dereita, coñece os produtos de sabugueiro con persoal da empresa.
Aproveitando a súa visita á Comarca da Limia, Alén reuniuse cos rexedores de Vilar de Santos e Rairiz de Veiga -Xan Jardón e Asunción Morgade, respectivamente-. 

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou Vilar de Santos e, concretamente, a empresa Veigas de Sabugueiro, beneficiaria da liña de axudas da Vicepresidencia segunda dentro do programa DeseñaPeme cun importe de 35.566 euros. O representante galego en Ourense sinalou que dito programa busca consolidar a cultura da innovación e o deseño no tecido empresarial de Galicia. 

Aproveitando a súa visita á Comarca da Limia, Alén reuniuse cos rexedores de Vilar de Santos e Rairiz de Veiga -Xan Jardón e Asunción Morgade, respectivamente-. 

No primeiro caso, puxéronse en valor investimentos como os levados a cabo en materia de camiños municipais ou para a mellora das rúas do Forno e do Seixo. En Rairiz de Veiga tamén se contemplan melloras en viais ou a reparación e conservación de sendeiros, así como a súa divulgación. Esto último estería enmarcado dentro das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural.

Te puede interesar