Xinzo instala 250 plantas para decorar o seu Nadal

undefined
photo_camera Unha operaria municipal coloca as plantas na Praza de San Roque de Xinzo.
A maioría son ciclámenes vermellos e ubicáronse en zonas transitadas

Dende o goberno local limiao explican que se están destinando moitos esforzos a acadar que este sexa un Nadal “especial” para todos os veciños da vila e, por este motivo, está a traballar nun decorado que promete “sorpresas”. Ademais dos tradicionais espazos iluminados e ornamentados con motivos navideños, o Concello de Xinzo -a través da Consellería de Infraestruturas da que é titular Rafael Penabad- quixo engalanar as rúas con plantas e flores para estas datas especiais. Por este motivo, a brigada de medioambiente ubicou 250 novas especies florais en aqueles lugares máis transitados do municipio: Carlos Casares, Praza Maior, Praza San Roque, Praza do Cruceiro, rúa Galicia e o entorno da Igrexa Vella. Tamén en Ferrocouselo e o parque do Pombal. 

As especies escollidas para esta ocasión foron ciclámenes vermellos e algunhas plantas da tipoloxía Skimmias japónica e Hebes verónica. 

O executivo local afánase en que este Nadal se convirta en inesquecible para os veciños da vila e elaborou unha programación con  novidades como a pista de patinaxe sobre xeo ou o mercado de Nadal na praza Carlos Casares. 

Por outra banda, Rafael Panabad explicou que, na actualidade, se están a instalar as casiñas de Nadal e haberá máis sorpresas na Praza Maior, ademais da casiña de Papá Noel onde se poderán adquirir as tarxetas bono para mercar no comercio local de Xinzo -teñen un custe de 35 euros e un valor de 50, xa que o Consistorio financia parte para axudar a activar as compras na vila limiá-. 

A programación de Nadal de Xinzo foi presentada no salón de actos do Concello e incluirá unha aposta pola cultura local.

Te puede interesar