XINZO DE LIMIA

A asociación Eirada organiza un fiadeiro no Museo da Limia

Prepara unha demostración sobre o ciclo de producción do liño, que correrá a cargo de persoas maiores da comarca

 A asociación Centro de Desenvolvemento Rural Eirada, de Vilar de Santos, organizará mañá xoves, un fiadeiro nas dependencias do Museo da Limia, na que se fará unha demostración dos traballos que  incluía o ciclo de utilización do liño. Segundo sinala o coordinador de Eirada, Nelson Alonso, a iniciativa xurdiu por unha petición que recibiron dunha asociación irlandesa, que tamén centra a súa actividade na recuperación deste tipo de traballos tradicionais do mundo rural. Con este motivo, desplazaranse ata Vilar de Santos representantes da asociación irlandesa.


Estes queren coñecer como se desenvolvía o ciclo do liño "e nós pensamos que en vez de facerlles unha demostración para eles sos, abrila a todas as persoas que poidan estar interesadas en coñecer esta actividade". Por esta razón, a partir das 18,00 horas de mañá, contando coa colaboración de varias personas maiores da zona, Eirada organizará no Museo da Limia, situadoen Vilar de Santos, unha demostración dos traballos que incluía o ciclo do liño, desde a recolección á seca, pasando pola malla e ata a confección do tecido.


A esta demostración poderán asistir tódalas persoas que o desexen e unha vez rematada, os asistentes poderán participar nunha foliada, que terá lugar no local "A Arca de Noe", en Vilar de Santos, e no que haberá música tradicional, a cargo de músicos de Vilar de Santos, Allariz e Xinzo,e pinchos para os asistentes.
O Centro de Desenvolvemento Rural Eirada naceu hai máis de dúas décadas en Vilar de Santos e segundo sinala o seu coordinador, Nelson Alongo, a súa actividade principal céntrase na recuperación de actividades tradicionais, entre as que destaca especialmente a recuperación do liño. Logo de varios anos con escasa actividade, esta reactivouse nos últimos anos e está a impartir dous cursos sobre teares, un de alfombras e outro de encaixe de bolillos. Eirada conta actualmente cunha trintena de socios, residentes en Vilar de Santos e outros concellos, como Allariz e Rairiz de Veiga.n

Te puede interesar