MÚSICA

A Asociación Musical dará un concerto o día 20 en Trasmiras

O acto, de entrada libre, terá lugar no Pazo dos Deportes da vila ás 16,30 horas.                     

A Asociación Musical de Trasmiras protagonizará un concerto no municipio o vindeiro domingo, 18 de decembro.

O acto, de entrada libre, terá lugar no Pazo dos Deportes da vila ás 16,30 horas.                     

A cita do domingo será, segundo afirma a presidenta da asociación, Sandra González, unha boa ocasión para que alumnos e alumnas da escola mostren os coñecementos que foron adquirindo durante este tempo de formación. Por outro lado, queren aproveitar tamén para agradecerlles aos veciños e veciñas a súa colaboración e entrega. A presidenta asegura que contan co respaldo dun Concello "cen por cento implicado coa asociación".

Cómpre destacar que a escola acolle alumnos  e alumnas que van dos  catro aos setenta anos.

Óscar Freire é o encargado de dirixir o grupo de gaitas e pandeiretas e Celso Nieto, a banda da escola.

No programa contarase coa interpretación de pianos, un grupo de guitarras, acordeóns e gaitas. Ademais, a banda da escola e máis a de gaitas tocarán unha escolma de panxoliñas de Nadal.

Te puede interesar