A Casa da Lagoa abrirá todos os días da semana

48e85bf9-4201-43fd-b500-9e04900a611b
photo_camera Álex de Los Ríos nunha visita escolar das últimas campañas.
Concretamente, o tamén coñecido como “Centro de Interpretación” ofrece aos visitantes unha exposición permanente sobre a relevancia e curiosidades da Lagoa de Antela, así como as formas de vida dos seus habitantes.

A Casa da Lagoa de Sandiás cumpre mañá unha semana de apertura e todas as persoas interesadas poderán descubrir a historia da Lagoa, así como a da Comarca neste lugar ata o vindeiro outubro. O espazo xa recibiu os primeiros visitantes e, como principal novidade nesta campaña, destaca a ampliación de días nos que estará aberto. O horario será de luns a domingo dende as 16,00 horas, ás 20,00 horas -en anos anteriores os luns a mostra permanecía pechada-. Trátase dunha aposta clara por difundir a cultura local que liderará Alex de Los Ríos, graduado en Historia, e que será o encargado de dirixir as visitas -tanto as programadas, como as que se realicen a nivel particular-. 

Concretamente, o tamén coñecido como “Centro de Interpretación” ofrece aos visitantes unha exposición permanente sobre a relevancia e curiosidades da Lagoa de Antela, así como as formas de vida dos seus habitantes. As temáticas expositivas inclúen, ademais, proxectos de recuperación do extinto ben natural. Para a exposición aos visitantes empréganse maquetas e reproduccións, montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, sinalización e paneis informativos, talleres e actividades didácticas e publicación. É necesario reservar no 988465001 ou en Facebook.

Te puede interesar