O Centro de Día de Xinzo acomete obras de mellora

Onte comprobouse o avance no traballo no centro de día
photo_camera Onte comprobouse o avance no traballo no centro de día

A Xunta de Galicia está a financiar en colaboración co Concello de Xinzo de Limia obras de mellora no Centro de Día para persoas maiores ubicado nesta vila, pertencente á rede pública autonómica.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde, Amador Díaz Penín, comprobaron o avance nos traballos que se están a executar e que supoñen un investimento de preto de 60.000 euros. O obxectivo principal destas obras é atallar os problemas derivados da humidade que padece o inmoble, para o que se está a actuar na cuberta e nas fachadas co fn de protexelo da auga da chuvia.

Ademais de mellorar a cuberta, estruturas, pavimentos e do pintado, a intervención tamén contempla a limpeza de fachadas, a substitución do revestimento as paredes deteriorado e solucións puntuais de infltracións en puntos concretos do edificio. Ao Centro de Día de Xinzo de Limia acoden diariamente unha trintena de usuarios e comezou a súa actividade no ano 2010, ofrecendo desde entón atención terapéutica integral ás persoas maiores do municipio e dos concellos limítrofes.

Perfecto Rodríguez explicou que o Consorcio programa ao longo de todo o ano obras de mellora e mantemento na súa rede de centros públicos: escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e centros de día. A finalidade é que as persoas usuarias destes centros dispoñan de infraestruturas de calidade, funcionais e cómodas. Neste sentido, avanzou que o Consorcio tamén realizará actuacións de mellora na escola infantil da localidade, que depende da Xunta.

Te puede interesar