Ciudadanos di que pechar Limisi “non ten fundamento"

A formación provincial de Ciudadanos rexistrou unha moción para ser debatida no plenario da Deputación pola que insta á Consellería de Política Social e Sanidade e á Presidencia da Xunta de Galicia a permitir a apertura dos centros ocupacionais da provincia

A formación provincial de Ciudadanos rexistrou unha moción para ser debatida no plenario da Deputación pola que insta á Consellería de Política Social e Sanidade e á Presidencia da Xunta de Galicia a permitir a apertura dos centros ocupacionais da provincia de Ourense, concretamente, a da Asociación Limisi de Xinzo de Limia, para que poida levar a cabo terapias individuais coa flexibilidade de avanzar a pequenos grupos -se a situación o permite- e cumprindo coas medidas de distanciamento, prevención e hixiene.

"A tarefa principal desta asociación é o desenvolvemento de terapias para persoas con diversidade funcional. As familias dos usuarios trasladan a diario que se están a ver seriamente danadas por esta situación, e que ven esta medida como un grave erro de cara o benestar dos usuarios, posto que seis meses sen estas terapias supoñen anos de retrocesos", apunta a voceira da formación laranxa, Montserrat Lama. "Dende a Asociación Limisi, transmítesenos dende fai varios días, a súa preocupación sobre o futuro dos usuarios e das familias por verse confinados mentres Galicia se desescala", engade. 

A Asociación Limisi, na que traballan nove mulleres profesionais, prestan servizo a máis de 50 familias de distintos concellos de toda a comarca da Limia e doutras limítrofes como Monterrei.

Te puede interesar