Concellos

O Concello de Porqueira súmase ao programa "Doing Busines"

Grazas a esta iniciativa, estas entidades poderán ter unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto de Bens Inmobles

O Concello de Porqueira sumarase á longa lista de Concellos galegos adscritos ao programa "Doing Business", que procura rebaixas de impostos ás novas empresas que se instalen nos municipios participantes ou que amplíen a súa actividade. 

Grazas a esta iniciativa, estas entidades poderán ter unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto de Bens Inmobles. Tamén se premiará a aquelas empresas que creen postos de traballo: as que promovan máis de 20 contarán cunha rebaixa do 95 por cento do IBI e as que contraten a 10 terán unha exención do 50 por cento. 

Tamén se contemplan rebaixas importantes nos Imposto sobre Construccións, na Taxa de Prestación de Servizos, ou no Imposto sobre Actividades Económicas.

Te puede interesar