OBRAS

A Confederación Hidrográfica mellorará varias instalacións

A actuación contará cun orzamento de 35.000 euros financiados pola Confederación

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo acometerán nos vindeiros meses varias actuacións en materia de tratamento de augas residuais. 

As entidades levarán a cabo a reparación do pontón do "Cacharrón" que da servizo a varias explotacións agrarias da comarca debido ao afundimento dunha tubería o inverno pasado. A actuación contará cun orzamento de 35.000 euros financiados pola Confederación. 

Por outra banda, se acometerá a instalación dunha depuradora de augas residuais no lugar de Fiestras, na parroquia de Laroá, que substituirá a fosa séptica que hai na actualidade. Na mesma parroquia, procederase a realizar unha nova conexión, mediante bombeo, das augas residuais de nove casas do pobo de Laroá ata a actual depuradora, coa finalidade de eliminar a fosa séptica localizada nas inmediacións do río Nocelo. 

Para as instalacións de Laroá e de Fiestras, hai unha partida de 185.000 euros dos que a Confederación aportará o 80 por cento e o Concello de Xinzo, o 20 por cento restante. 

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez e o presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, asinaron o convenio de colaboración nas últimas semanas. 

Nestes momentos os dous proxectos están en fase de adxudicación por parte da Confederación. 

Te puede interesar