A LIMIA

A corporación de Xinzo sumarase á petición da zona de emerxencia

Tal e como adiantou o concelleiro Luis Miguel Gil, consensuarase unha moción entre todos os grupos con esta finalidade

Na liña da moción rexistrada polo Concello de Sandiás no pleno do pasado luns, co obxectivo de que se declarase o municipio como zona de emerxencia tras as choivas rexistradas nos últimos meses, e que provocaron importantes inundacións nos campos de cultivo, o goberno local de Xinzo pedirá, do mesmo xeito, a declaración de zona de emerxencia para a capital limiá. Tal e como adiantou o concelleiro Luis Miguel Gil, consensuarase unha moción entre todos os grupos con esta finalidade. 

A formación política Xinzo Adiante anticipouse neste senso, rexistrando unha moción para solicitar a colaboración de todas as administracións públicas ante as inundacións das parcelas de uso agrícola e o perigo que sofre a colleita de cereal, que deberá recollerse no mes de xuño. Nesta liña, o presidente da Asociación de Productores de Pataca cifra as posibles perdas en máis dun 50 por cento.

Te puede interesar