O Couto Mixto terá un centro de interpretación

undefined
photo_camera José Antonio Feijóo reunido en Ourense con Manuel Baltar.
A Deputación rehabilitará a casa do último xuiz do estado independente

A casa do último xuiz do Couto Mixto, un estado independente de Galicia e Portugal ata o 1864, converterase nun centro de interpretación. Ubicarase, concretamente, no pobo de Meaus. Así se acordou nunha xuntanza mantida entre o rexedor de Baltar, José Antonio Feijóo e o presidente da Deputación, Manuel Baltar. 

Esta colaboración, tal e como destacou o presidente do goberno provincial, “ratifica o compromiso da Deputación con este espazo singular, pois xa contribuímos á adquisición do inmoble por parte do Concello, e agora vanse iniciar, tamén financiadas pola administración provincial, as obras de desentullo e limpeza do solar”.

No encontro, Feijóo tamén solicitou a axuda do goberno provincial para o arranxo da estrada que une Tixós (Baltar), con Os Cuquexos (Os Blancos).

Te puede interesar