FORMACIÓN

O Coworking de Xinzo prepara un novo obradoiro

img-20170127-wa0007sss
photo_camera Profesionais e emprendedores nun dos obradoiros de coworking celebrados en Xinzo.

Será na Casa da Cultura e abordará a actividade dixital das empresas 

"Todo aquel que queira saber como funciona un coworking que acuda o vindeiro día 1 de febreiro, ás 16.00 horas, á Casa da Cultura". Ángel Colsa, director do Coworking de Xinzo fai unha invitación para coñecer, dende dentro, o centro de emprendedores da vila.

E é que cada vez son máis os profesionais con iniciativas empresariais que se achegan aos espazos de coworking na búsqueda de solucións, asesoramento e formación laboral. Nestes espazos de sinerxia os participantes, guiados por mentores ou profesionais de diversos campos, crean o seu hábitat de traballo e aportan ideas e coñecementos co obxectivo de crear novas oportunidades de negocio ou mellorar as que xa teñen.

O pasado mes de setembro, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Escola de Organización Industrial crearon un destes lugares de emprendemento na Casa da Cultura de Xinzo. Nesta primeira edición participan ao redor de 16 proxectos e ata o momento celebráronse un total de 15 talleres, algúns deles en aberto e outros exclusivos para os membros do coworking.

Neste próximo taller que se vai a facer na Casa da Cultura, Lalo García, director de Lance Talent, abordará a temática da actividade dixital das empresas. "Dependendo do tipo de empresa que teñas ou da actividade que realices, a túa presenza na rede ten que ser distinta", sinala Ángel Colsa.

Está previsto que a presente edición do Coworking de Xinzo remate en febreiro cando finalicen os proxectos, pero xa se contempla a posibilidade dunha nova edición en 2017. As prazas para participar neste programa de carácter público son limitadas, hai entrevistas e se estudian os proxectos a fondo. "Dende os coworking tratamos de aportar contactos, coñecementos e ideas", engade Ángel Colsa. "É o tecido necesario que se precisa para darlle impulso aos profesionais e ás iniciativas".

Te puede interesar