Os delitos telemáticos increméntanse en Xinzo

20220202_SO_XLS_Xinzo_De_Limia (1)
photo_camera A Xunta Local de Seguridade reunida no Salón de Plenos do Concello.
Actualmente investíganse 10 casos de violencia de xénero na vila

Os delitos de tipo telemático continúan incrementándose en Xinzo, aínda que a boa noticia pasa, en materia de seguridade, polo descenso dos delitos graves e menos graves contra o patrimonio. Trátase de conclusións extraídas da Xunta Local de Seguridade que este mércores, día 2 de febrero, celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Xinzo. A ela acudiron as forzas e corpos de seguridade locais e representantes municipais, así como a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. 

En canto aos datos rexistrados no Sistema de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero -Sistema VioGén-, actualmente no concello de Xinzo de Limia hai activos dez casos. Deles, un presenta risco medio, cinco risco baixo e catro risco non apreciado e todos contan con medidas xudiciais de prohibición de aproximación e comunicación. Seis casos foron asignados á Garda Civil e catro á Policía Local.

No tocante ao Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, incrementarase a colaboración cos mesmos para impulsar os recursos cos que informar e formar sobre acoso escolar, uso das novas tecnoloxías, consumo de drogas e alcol, violencia de xénero ou condutas  incívicas, entre outras. Neste senso, manterase a vixilancia nas inmediacións dos centros escolares para combater e previr o tráfico, consumo e tenencia de drogas, así como todo tipo de condutas violentas.

Por último, na Xunta Local de Seguridade acordouse a elaboración dun plan de seguridade coordinado entre a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de cara ás próximas festas do Entroido.

Te puede interesar