Dez alumnos graduáronse no Conservatorio de Xinzo neste 2021

PROMOCIÓN 2021
photo_camera Os mozos e mozas da promoción 2021.
Esta semana tamén se celebrou a graduación da promoción do 2020, adiada pola pandemia

Un total de 10 alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo graduáronse neste curso 2020/2021, un ano “complicado e diferente”, tal e como aseguraron dende a dirección do centro. A comezos desta semana celebrouse o acto de graduación na Casa da Cultura con concertos vrtuais, discursos, e agasallos por parte do alumnado aos mestres do centro limiao. Do mesmo xeito e dado que o ano pasado non puido ter lugar por mor da pandemia, o luns tamén se celebrou, mediante un acto sinxelo, a graduación dos oito alumnos e alumnas que superaron os seus estudos en 2020 e fíxose entrega dos títulos de Grao Profesional aos mozos e mozas que remataron a súa formación en Xinzo en anos anteriores. 

Por outra banda, a dirección do Conservatorio entregou os premios Fin de Grao a Hugo González, na categoría de Piano e a Nicolás Casal, na de Flauta. A Matrícula de Honra foi para Guillermo Arcos Salgado (en trompeta). 

PROMOCIÓN 2020

Por último, dende a dirección asegurouse que, unha vez rematado o curso, “pódese dicir que a finalidade, que era poder alcanzar os obxectivos musicais e académicos salvando a seguridade de toda a comunidade educativa, está cumplida e rematou con éxito”. Do mesmo xeito, quíxose salientar da totalidade do alumnado “o bo traballo, o enorme esforzo, e a inmellorable adaptación a todos os imprevistos e ás novas normas que viñeron marcadas pola convivencia coa pandemia”, así como “o agarimo co que se gravaron as interpretacións para poder deleitar a familiares e amigos e a todas as persoas que desexen escoitalas a través das redes”.

Te puede interesar