PÓLEMICA

Unha estación meteorolóxica xera inquietude en Xinzo

Nun inicio pensaban que se trataba dunha antena de telefonía móbil.

Veciños do barrio do Toural acudiron esta semana ao Concello de Xinzo para pedir explicacións pola instalación dun dispositivo na zona. Nun inicio pensaban que se trataba dunha antena de telefonía móbil.

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cabas López, afirmou que o aparello que se está instalando é  "unha estación que vai medir a calidade do aire". Aclara, ademais, que o proxecto estase levando a cabo conxuntamente coa Xunta de Galicia.

Ante a inquietude mostrada polos veciños, o Concello decidiu convocalos a unha reunión informativa coa presenza de profesionais da Xunta de Galicia onde se explicará en que consiste o aparello.

Te puede interesar