Estréase o traballo “Abre os ollos”, unha curtametraxe limiá

Un momento do rodaxe.
photo_camera Un momento do rodaxe.

Da man do CDR O Viso, un grupo de mozos e mozas da Limia lanzan unha peza audiovisual encamiñada a espertar conciencias na loita contra a violencia machista.

O proxecto nace dunha colaboración entre o IES Lagoa de Antela e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e estivo dirixido en tódalas fases do mesmo por un grupo sete adolescentes de entre 14 e 15 anos. O grupo creou a idea orixinal, o guión, o plan de gravación, o elenco e participaron tamén na edición. Gabriela Lama, Pilar, Iker Moure, Jeremy Geovanny Oyola, Rubén Sanmiguel distribuíron os seus roles para atender tódalas responsabilidades que ten o cine. 

Con acompañamento dos equipos educativo e audiovisual do CDR crearon un produto que saiu á luz na véspera do día contra as violencias machistas a través de códigos QR que se repartirán entre a mocidade e a partir de hoxe estará a libre disposición nas redes do CDR O Viso e do IES Lagoa de Antela.

O proxecto serviu para traballar co grupo artístico aspectos clave na loita contra a violencia como é a rede de apoios na comunidade. A mensaxe é chamar á acción de tódalas persoas ante indicios de malos tratos.

Te puede interesar