MUESTRA

Exposición de instrumentos musicais no Museo da Limia

O Museo Etnográfico da Limia, ubicado en Vilar de Santos, acolle ata o 31 de maio unha "Mostra de instrumentos musicais" pertencentes ao veciño Antonio Nogueiras

O Museo Etnográfico da Limia, ubicado en Vilar de Santos, acolle ata o 31 de maio unha "Mostra de instrumentos musicais" pertencentes ao veciño Antonio Nogueiras. A mostra abarca instrumentos diversos de corda, aire, percusión, etc., adquiridos polo mundo adiante durante as viaxes do seu dono e permiten coñecer os medios usados en distintos lugares para expresar as súas manifestacións culturais no campo da música. A mostra enmárcase na programación do Museo, que en maio cumprirá 20 anos na súa actual localización na antiga Casa Reitoral de Vilar de Santos.

HOXE, CONFERENCIA

O Museo acollerá hoxe, ás 129,30 horas, a conferencia "Barriga verde, un heroe contra o poder", que pronunciará a investigadora, xornalista e actriz compostelá Comba Campoy e na que falará sobre o teatro de monicreques de José Silvent.

Te puede interesar