Segundo a información que manexan dende esta entidade, os prezos que pagará o sector do almacén "non van a compensar as perdas causadas pola redución da produción"
Dende a Federación Rural Galega -Fruga- aseguran que todas as previsións apuntan a que a campaña de recollida de tubérculo deste ano preséntase condicionada pola climatoloxía adversa, tanto no que foi a sementeira, como no momento da súa recollida, algo que provocará, din, "minguas na produción de entre un 30 e un 40 por cento".
Segundo a información que manexan dende esta entidade, os prezos que pagará o sector do almacén "non van a compensar as perdas causadas pola redución da produción", o que vai a provocar que os productores vexan minguados os seus ingresos con respecto á campaña pasada. Dende a Fruga matizan que os custes vencellados ao traballo tamén foron máis elevados debido aos tratamentos que se tiveron que dar para combater a presenza do mildio.
Por todos estes motivos solicitan á Consellería de Medio Rural a convocatoria da Mesa da Pataca para tratar o asunto.