PROGRAMA LEADER

O GDR Limia- Arnoia aproba a súa estratexia de financiación

A estratexia foi presentada ante Agader, responsable de recoller as peticións a nivel galego de cada un dos grupos de desenvolvemento rural.

A xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia reuniuse o día 1 de xullo para elaborar definitivamente a estratexia coa que optará a entre 3 e 5 millóns de euros dos fondos que Europa entregará á asociación con cargo ao programa Leader, vixente até 2020. Ese mesmo día celebrouse a asemblea xeral, onde ademais da presentación oficial da estratexia, deuse conformidade ás solicitudes dos novos socios no grupo.

A estratexia foi presentada ante Agader, responsable de recoller as peticións a nivel galego de cada un dos grupos de desenvolvemento rural.

Te puede interesar